Paula Sal Coira solicitou licenza municipal de actividade para estudio de danza (epígrafe 933.9: outras actividades ensino) que se localizará na r/ Nova Apertura, s/n, travesía Dr. Fleming, baixo. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días para que todas as persoas que estean afectadas poidan examinar o expediente no Departamento de Actividades Clasificadas do Concello, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.
Vilagarcía de Arousa, 26 de marzo de 2014
Mª Elena Suárez Sarmiento
Alcaldesa en funcións