Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18256

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Física Aplicada (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado de 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Física Aplicada (2ª edición) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Física Aplicada (2ª edición)

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Vigo e A Coruña.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

0

Optativas

48

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

• Especialidade: Física Aplicada aos Materiais.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Física de Dieléctricos

6

Optativo

Descricións Xerais

Física de Disolucións

6

Optativo

Materiais Poliméricos

6

Optativo

Física dos Fenómenos Críticos

6

Optativo

Técnicas Experimentais en Física Aplicada

6

Optativo

Técnicas Experimentais en Física Aplicada

Propiedades de Transporte

6

Optativo

Análise Térmica de Polímeros

6

Optativo

Física Aplicada a Polímeros

Propiedades Mecánicas de Polímeros

6

Optativo

Procesamento, Estruturas e Morfolóxía de Materiais Poliméricos

6

Optativo

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

• Especialidade: Física Aplicada ao Ambiente.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Física de Disolucións

6

Optativo

Descricións Xerais

Tratamento e Xestión de Residuos Sólidos Urbanos

6

Optativo

Contaminantes, Tratamentos e Detección

Contaminantes de Tipo Físico

6

Optativo

Física da Teledetección

6

Optativo

Física da Variabilidade e o Cambio Climático

6

Optativo

Modelos

Modelización Numérica de Dispersión de Contaminantes

6

Optativo

Bases Físicas de Modelos Atmosféricos e Climáticos

6

Optativo

Procesos Físicos en Oceanografía

6

Optativo

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

• Especialidade: Tecnoloxía Láser Aplicada.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Procesamento Láser de Superficies e Capas Finas

6

Optativo

Aplicacións Físicas dos Láseres

Procesamento de Materiais Mediante Láseres de Alta Potencia

6

Optativo

Tecnoloxías Ópticas de Medida e Inspección

6

Optativo

Modelos e Simulación Numérica en Aplicacións dos Láseres

6

Optativo

Técnicas de Caracterización de Películas Delgadas e de Superficie

6

Optativo

Aplicacións dos Láseres

6

Optativo

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

• Optativas sen especialidade.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Física Estatística

6

Optativo

Materias Complementarias

Física Computacional

6

Optativo

Física Matemática

6

Optativo

Aplicacións da Holografía

6

Optativo

Física do Cosmos

6

Optativo

Física Solar

6

Optativo

Para a obtención do título de máster universitario en Física Aplicada (2ª edición) o alumnado deberá superar 24 ECTS da especialidade que elixa, 24 ECTS de carácter optativo a escoller entre todas as materias ofertadas no máster e 12 ECTS do traballo fin de máster.