Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18451

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se procede a dar publicidade á Resolución pola que se convoca o procedemento de mobilidade interna voluntaria de persoal estatutario fixo de determinadas categorías de persoal diplomado e titulado sanitario e persoal de xestión e servizos do Hospital da Costa.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros oficiais de anuncios do Hospital da Costa, na intranet do centro e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.Sergas.es).

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles, desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Lugo, 27 de febreiro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos