Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18462

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (416/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 416/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tito Iglesias Carbajales contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Tito Iglesias Carbajales contra Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.190,04 euros brutos, polas diferenzas salariais devindicadas entre xaneiro de 2011 e xaneiro de 2012, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, estendo e asino o presente.

A Coruña, 13 de marzo de 2014

A secretaria xudicial