Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18447

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Xestión do Desenvolvemento Sustentable (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 28 de outubro de 2011 (publicado no BOE do 25 de novembro de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 7 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Xestión do Desenvolvemento Sustentable (2ª edición) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Xestión do Desenvolvemento Sustentable (2ª edición)

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

42

Optativas

0

Prácticas externas

12

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Ciencias Ambientais

3

Obrigatorio

Materias obrigatorias

Tecnoloxías Ambientais

3

Obrigatorio

Lexislación Ambiental

3

Obrigatorio

Economía Ambiental

3

Obrigatorio

Avaliación de Impacto Ambiental

4

Obrigatorio

Avaliación Ambiental Estratéxica

3

Obrigatorio

Estratexia Empresarial e Ambiente

4

Obrigatorio

Instrumentos de Xestión Ambiental na Empresa

4

Obrigatorio

Sistemas de Xestión Ambiental e Auditorías

3

Obrigatorio

Responsabilidade Social Corporativa

3

Obrigatorio

Enerxías Renovables

5

Obrigatorio

Empresa e Cambio Climático

4

Obrigatorio

Prácticas en empresa

12

Obrigatorio

Prácticas en empresa

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Xestión do Desenvolvemento Sustentable (2ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.