Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de abril de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reclamación patrimonial con referencia 10/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Antonio Basagoiti Barrenechea, con DNI 02151509-C, como propietario da embarcación Abu Dos, con matrícula 7ª VI-5-279-05, que presenta a reclamación por danos na súa embarcación no porto de Cangas, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución de expediente de reclamación patrimonial de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións de pertinente aplicación, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido sito na r/ Feliz Ozamiz, nº 1, 1º B, 36940 Cangas (Pontevedra).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da dita orde xurisdicional, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación, consonte o establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan executar o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou esta resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación.

O expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia