Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2014 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, multicriterio, convocado para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación de instalacións de bar-cafetaría e servizos complementarios aos usuarios da estación marítima de Baiona.

Mediante Resolución do 28 de marzo de 2014, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto na proposta formulada con data do 24 de febreiro de 2014 pola Mesa de Contratación, e en cumprimento do previsto no 2º parágrafo do artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG número 246, do 26 de decembro de 2013, para a selección de oferta para a tramitación de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación de instalacións de bar-cafetaría e servizos complementarios aos usuarios da estación marítima de Baiona, por falta de licitadores, ao declarar excluída a única oferta presentada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, ou potestativamente recurso de reposición, perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta resolución (artigos 116 e 117 LRXPAC).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia