Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación polo trámite ordinario, procedemento aberto multicriterio e contratación documentalmente simplificada da obra de construción dun centro de saúde en Buño-Malpica, cofinanciada ao 50 % por fondos do Estado, dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014), eixe 3, servizos e benestar social.

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obra: construción dun centro de saúde en Buño-Malpica (A Coruña), cofinanciada ao 50 % por fondos do Estado, dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014), eixe 3, servizos e benestar social.

3. Nº de expediente: AB-SER3-14-004.

4. CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

5. Orzamento total sen IVE: 595.516,73 €.

6. Orzamento total con IVE: 720.575,24 €.

7. Prazo de execución: nove (9) meses.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver as cláusulas 13.II.a) e 13.II.b) da carátula do prego.

c) Compromiso de medios persoais: ver a cláusula 13.III da folla de especificacións do prego.

9. Garantía provisional: non se exixe.

10. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

11. Forma de tramitación: ordinaria.

12. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).

13. Exposición de proxectos e pregos: poderanse obter os pregos de cláusulas administrativas particulares e o proxecto desta contratación no perfil do contratante:

http://www.sergas.es/

14. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

15. Documentación que deberán presentar os licitadores: ver prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta licitación. Contratación documentalmente simplificada.

16. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 10 da folla de especificacións e nos puntos 3.5 e 3.6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación.

17. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/.

18. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos