Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18591

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 9 de abril de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de nove bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria.

Advertido o erro na orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 74, do 16 de abril de 2014, cómpre facer as seguintes correccións:

1. Despois da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita orde, detectouse que non se xuntan os anexos I, II ,III, IV, V, VI ,VII, VIII e IX.

2. Inclúense nesta corrección de erros os devanditos anexos.

ANEXO I

Unha bolsa de formación no proxecto Bibliografía da literatura galega.

Esta bolsa ten como finalidade a formación dentro do proxecto Bibliografía da literatura galega que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Requisitos específicos dos/as solicitantes:

Para solicitar a bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

– Posuír o título de licenciatura en Filoloxía Galega ou o grao (maior) en Lingua e Literatura Galegas.

– Ter coñecemento de idiomas (acreditados coa documentación correspondente dos cursos recibidos).

– Ter experiencia no manexo de aplicacións informáticas.

Valoraranse especialmente os seguintes méritos, sempre que se relacionen coa materia do proxecto:

– Máster de investigación.

– Comunicacións en congresos, simposios, xornadas, etc. Imprescindible xuntar copia dos textos presentados ou dos enderezos electrónicos onde se poidan consultar.

- Publicacións en lingua galega, individuais ou colectivas. Imprescindible xuntar copia dos textos ou dos enderezos electrónicos onde se poidan consultar.

ANEXO II

Unha bolsa de formación no proxecto Fraseoloxía galega.

Esta bolsa ten como finalidade a formación dentro do proxecto Fraseoloxía galega participando nos traballos de elaboración da revista Cadernos de fraseoloxía galega e creación do Tesouro de fraseoloxía galega que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Requisitos específicos dos/as solicitantes:

Para solicitar a bolsa a que se refire esta convocatoria, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde, cómpre ter:

– Licenciatura ou grao en Tradución e Interpretación ou en Filoloxía Galega.

– Coñecemento de inglés equivalente a nivel C1.

Serán valorados especialmente:

– O coñecemento activo e pasivo da fraseoloxía galega.

– O nivel de mecanografía.

– O coñecemento de alemán.

– O manexo de bases de datos e procesadores de texto.

ANEXO III

Unha bolsa de formación no proxecto Corpus de referencia do galego actual.

Esta bolsa ten como finalidade a formación dentro do proxecto Corpus de referencia do galego actual que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Requisitos específicos dos/as solicitantes:

Para solicitar a bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

– Ser licenciado/a en Filoloxía ou Tradución ou Interpretación, ou ben posuír un grao en Lingua e Literatura ou en Filoloxía Clásica.

– Ter competencia na introdución de textos en ordenador e no manexo de textos en formato electrónico.

– Posuír coñecementos sobre gramáticas formais e construción de etiquetadores morfosintácticos e lematizadores.

– Ter coñecementos sobre a xestión de bases de datos a nivel usuario.

ANEXO IV

Unha bolsa de formación no proxecto Etiquetador/lematizador do galego actual.

Esta bolsa ten como finalidade a formación dentro do proxecto Etiquetador/lematizador do galego actual que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Requisitos específicos dos/as solicitantes:

Para solicitar a bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

– Ser licenciado/a en Filoloxía ou Tradución ou Interpretación, ou ben posuír un grao en Lingua e Literatura ou en Filoloxía Clásica.

– Ter competencia na introdución de textos en ordenador e no manexo de textos en formato electrónico.

– Posuír coñecementos sobre gramáticas formais e construción de etiquetadores morfosintácticos e lematizadores.

– Ter coñecementos sobre a xestión de bases de datos a nivel usuario.

ANEXO V

Unha bolsa de formación no proxecto Cantigas de Santa María.

Esta bolsa ten como finalidade a formación dentro do macroproxecto Literatura Galega Medieval que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, atendendo de xeito particular a sección relativa ás Cantigas de Santa María, así como a base de datos bibliográfica BIRMED.

Requisitos específicos dos/as solicitantes:

Para solicitar a bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde, acreditar os seguintes:

– Ser licenciado/a en Filoloxía.

– Acreditar a participación en publicacións científicas, asistencia a simposios, seminarios ou congresos especializados, comunicacións presentadas a congresos etc., obrigatoriamente en literatura románica medieval, especialmente no campo da literatura galega medieval.

– Ter coñecementos de informática a nivel de usuario.

– Estar capacitado para ler/traducir textos en linguas románicas no estado medieval.

– Estar capacitado para ler bibliografía en linguas estranxeiras de uso habitual na comunidade científica.

Serán valorados especialmente os coñecementos básicos de crítica textual.

ANEXO VI

Unha bolsa de formación no proxecto Prosa literaria medieval.

Esta bolsa ten como finalidade a formación dentro do macroproxecto Literatura Galega Medieval que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, atendendo de xeito particular a sección relativa á prosa literaria medieval, así como a base de datos bibliográfica BIRMED.

Requisitos específicos dos/as solicitantes:

Para solicitar a bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde, acreditar os seguintes:

– Ser licenciado/a en Filoloxía.

– Acreditar a participación en publicacións científicas, asistencia a simposios, seminarios ou congresos especializados, comunicacións presentadas a congresos etc., obrigatoriamente en literatura románica medieval, especialmente no campo da literatura galega medieval.

– Ter coñecementos de informática a nivel de usuario.

– Estar capacitado para ler/traducir textos en linguas románicas no estado medieval.

– Estar capacitado para ler bibliografía en linguas estranxeiras de uso habitual na comunidade científica.

Serán valorados especialmente os coñecementos básicos de crítica textual.

ANEXO VII

Unha bolsa de formación no proxecto Terminoloxía científico-técnica.

Esta bolsa ten como finalidade a formación dentro do proxecto Terminoloxía científico-técnica, e o adxudicatario da bolsa compaxinará actividades de tradución con traballos de tipo terminolóxico que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Requisitos específicos dos/as solicitantes:

Para solicitar a bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

– Ser licenciado ou licenciada en Filoloxía ou Tradución e Interpretación.

– Posuír coñecemento de inglés ou de francés equivalente a nivel B1.

–Ter formación, polo menos elemental, en terminoloxía ou en lexicografía (demostrable mediante a superación dalgunha materia, publicacións científicas, asistencia a simposios, seminarios ou congresos especializados, comunicacións presentadas a congresos, etc.).

Serán valorados especialmente:

– A formación en terminoloxía.

– O coñecemento de lingua galega, particularmente do seu léxico.

– O coñecemento de linguas estranxeiras.

– O manexo de bases de datos e procesadores de texto.

– O nivel de mecanografía.

ANEXO VIII

Unha bolsa de formación no proxecto Síntese de voz en galego.

Esta bolsa ten como finalidade a formación dentro do proxecto Síntese de voz en galego que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Requisitos específicos dos/as solicitantes:

Para solicitar a bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

– Ser licenciado ou licenciada en Filoloxía ou Tradución e Interpretación, ou en Enxeñaría de Telecomunicacións ou en Física ou en Informática ou en Matemáticas.

Serán valorados especialmente:

– O manexo de procesadores de texto e bases de datos no nivel de usuario.

– O coñecemento de idiomas estranxeiros.

– Un alto nivel de coñecemento da lingua galega.

– Os coñecementos en fonética acústica e tecnoloxías da fala.

ANEXO IX

Unha bolsa de formación no proxecto Base de datos do ALIR.

Esta bolsa ten como finalidade a formación dentro do proxecto Base de datos do ALIR que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Requisitos específicos dos/as solicitantes:

Para solicitar a bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

– Ser licenciado ou licenciada en Filoloxía Galega, Filoloxía Románica, Filoloxía Francesa ou Filoloxía Italiana.

– Ter coñecementos de lingua francesa.

Valoraranse de maneira especial:

– O coñecemento de linguas estranxeiras, especialmente románicas.

– O dominio de procesador de textos e bases de datos a nivel de usuario.

– A formación e experiencia no ámbito da dialectoloxía, e particularmente o dominio da transcrición fonética.