Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18782

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre a delimitación de solo de núcleo rural no Caxigal (Ramil).

A Alcaldía, mediante o Decreto número 76, do 24 de marzo de 2014, e de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, aprobou inicialmente o expediente de delimitación de solo de núcleo rural no Caxigal, parroquia de Ramil, municipio de Castro de Rei (Lugo), redactado pola empresa Monsa Urbanismo, S.L., con data de febreiro de 2014, e presentado por iniciativa de Xosé Ramón Fernández Fernández.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais da provincia, co fin de que durante o citado período, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas poidan examinalo nas oficinas do concello, en Castro de Rei, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 1 de abril de 2014

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde