Intentada a notificación da dita resolución segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para que poida realizar as alegacións e presentar documentación que considere oportuna, no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.
Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.
Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 28 de marzo de 2014
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: TR347H 2009/205-1.
Nome ou razón social: Merca Eiras, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Conga, 8, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: artigo 16.5 da orde de convocatoria.
Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.