Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de varias axudas do programa de incentivos á contratación indefinida dos parados de longa duración, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 16 de xaneiro de 2009), relativa ao expediente TR347I 2009/33-1 e catro máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren oportuna, no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347I 2009/33-1.

Nome ou razón social: Juan Carlos Carro Ramos.

Último enderezo coñecido: lugar Tarrofira, 58, 15175 Carral, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 15.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347I 2009/61-1.

Nome ou razón social: Construcciones y Contratas Herculinas, S.A.

Último enderezo coñecido: rúa Rafael Alberti, 3, 2º F, 15008 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 15.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347I 2009/95-1.

Nome ou razón social: Plan B Equipamiento Integral, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Marcial del Adalid, 1, 1º esquerda, 15005 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 15.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347I 2009/103-1.

Nome ou razón social: Rubén Freire Valeiro.

Último enderezo coñecido: lugar da Fraga, 72 (Cortiñán), 15165 Bergondo, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 15.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347I 2009/124-1.

Nome ou razón social: Jessica María Fernández Expósito.

Último enderezo coñecido: paseo marítimo O Temple, 15, baixo, 15679 Cambre, A Coruña.