Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 19049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María del Carmen Fernández Vidal.

No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, tramítase o recurso 82/2014 IN (procedemento ordinario), interposto por María del Carmen Fernández Vidal, contra a desestimación presunta do recurso de reposición interposto contra a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 17 de xullo de 2013 pola que se procede ao nomeamento como funcionario de carreira da clase farmacéutico inspector de saúde pública do seguinte aspirante, por orde de puntuación, que superou o concurso-oposición da dita clase, convocado pola Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG núm. 143, do 29 de xullo de 2013).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no tribunal no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos