Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 19055

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de arquitecto técnico-aparellador.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 63, do 2.4.2014, publicouse o anuncio relativo á aprobación da convocatoria de bases reguladoras e proceso de selección de concurso-oposición para a cobertura dunha praza (laboral fixo) de arquitecto técnico-aparellador adscrita ao Departamento de Urbanismo deste concello.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 72, do 15.4.2014, publicouse o anuncio relativo á corrección de erros da antedita convocatoria.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Coristanco, 16 de abril de 2014

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde