Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 19058

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, polo procedemento de libre designación, do posto denominado xefe/a do Servizo de Cultura, Educación, Deportes e Turismo.

No BOP núm. 74 do día 21 de abril de 2014 aparecen publicadas as bases reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a do Servizo de Cultura, Educación, Deportes e Turismo.

Quen desexe tomar parte na dita convocatoria deberá presentar a súa solicitude no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da presente publicación, no lugar e forma establecidos nas referidas bases.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 22 de abril de 2014

José Manuel Rey Varela
Alcalde