Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19517

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, na categoría de odontólogo/a de Atención Primaria.

Mediante Resolución da Dirección de Recursos Humanos do 21 de setembro de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 186, do 28 de setembro) abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes en listas para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias, entre elas, a de odontólogo/a de atención primaria.

Na devandita resolución preveuse unha xeración de listaxes coas persoas inscritas ata a data do 31 de outubro de 2012 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Mediante Resolución do 9 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 79, do 24 de abril) publicáronse as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as.

Finalizado o prazo de emenda previsto nesta última resolución, esta dirección xeral, de conformidade coa base décima da Resolución do 21 de setembro de 2012, de inicio do prazo de inscrición,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación definitiva de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de odontólogo/a de Atención Primaria, iniciado por Resolución do 21 de setembro de 2012.

Segundo. As listaxes definitivas de excluídos/as e a listaxe definitiva de admitidos/as coa asignación da puntuación provisional e máis o número de orde acadados atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en «Fides/expedient-e/sección de procesos».

Terceiro. De conformidade coa base décima da Resolución do 21 de setembro de 2012, contra a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. De conformidade coa antedita base, as persoas interesadas, con respecto aos resultados de baremación, poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias en xestión do persoal, no suposto de entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As reclamacións presentadas entenderanse estimadas ou desestimadas na resolución pola que se publiquen as puntuacións e a orde de prelación definitivas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos