Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19732

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Sanea Control, S.L.

3. Data:

Do 12 ao 16 de maio de 2014.

4. Lugar de realización:

Aula da Cultura de Xinzo de Limia.

Rúa Curros Enríquez, nº 17, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 12.5.2014

16.30-17.00 h

Introdución.

17.00-18.30 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

18.30-19.30 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

19.30-20.45 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 13.5.2014

16.30-17.30 h

Lexislación.

17.30-20.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

20.00-20.45 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 14.5.2014

16.30-18.30 h

Métodos de loita antivectorial.

18.30-20.45 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

Día 15.5.2014

16.30-18.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

18.00-19.00 h

Preparación de disolucións de produtos.

19.00-19.45 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

19.45-20.45 h

Resolución de exercicios prácticos.

Día 16.5.2014

16.30-18.30 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

18.30-19.15 h

Resolución de exercicios prácticos.

19.15-20.30 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2014

(Por delegación de sinatura do 2.4.2014)
Jorge Suanzes Hernández
Subdirector xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas.
Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 12 ao 16 de maio de 2014.

Lugar de realización do curso:

Aula da Cultura de Xinzo de Limia.

Rúa Curros Enríquez, nº 17, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 16.30-20.45 h, agás o día 16.5.2014 que será de 16.30-20.30 h.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase, como data límite o 5 de maio de 2014, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/ 639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@sanea.org

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/Actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico: