Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios para seren notificados por comparecencia, de trámites de audiencia na zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandiá (Ferrol-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 7 de abril de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: trámite de audiencia.

Interesados:

Rosalía Yáñez Leira.

A Casa dos Migueis, S.L.

María del Carmen Ferrín Varela.

Manuel Esteiro Pazos.

Celestino Santiago López.

Francisca Díaz López.

Santiago Evia López.

María del Carmen Alvariño Rodríguez.

Rosa Souto Rodríguez.

Joaquín Díaz García.

Elisa Iglesias López.

Arturo José Iglesias López.

José Franco Rodríguez.