Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2014 pola que se anuncia a licitación dun contrato de servizos de vixilancia.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas, por Acordo do 22 de abril do presente ano, dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación dun contrato de servizos de vixilancia, co detalle que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

c.1) Dependencia: Secretaría Xeral. Sección de Xestión Económica.

c.2) Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c.3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15702.

c.4) Teléfono: 981 54 22 36.

c.5) Telefax: 981 54 22 10.

c.6) Correo electrónico: vlagoa@ccontasgalicia.es

c.7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.ccontasgalicia.es/index.php/gl/contratacion

c.8) Data límite de obtención da documentación e información: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio.

d) Número de expediente: 14/29.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: prestación durante o período que vai do 1 de xullo de 2014 ao 31 de decembro de 2015 do servizo de vixilancia do edificio sede do Consello de Contas de Galicia.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución:

d.1) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

d.2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

e) Prazo de execución: dezaoito meses, computados a partir da súa entrada en vigor o 1 de xullo de 2014.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 79713000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios.

c) Criterio de adxudicación:

c.1) Prezo (0-10 puntos).

c.2) Persoal encargado de verificar o correcto cumprimento das funcións e obrigas atribuídas aos vixilantes de seguridade (0-7 puntos).

c.3) Solución de imprevistos (0-3 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 441.180 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 220.590,00 euros. IVE (21 %). 46.323,90 euros. Importe total: 266.913,90 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Empresas españolas:

a.1) Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría A ou superior.

b) Empresas estranxeiras:

b.1) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais por importe igual ou superior a 300.506,10 euros por sinistro e ano e relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, destes; será necesario que a anualidade media acade os 735.300 €, excluído o IVE.

c) Outros requisitos específicos: capacidade de obrar e non prohibición para contratar. As empresas estranxeiras deberán acreditar o seu recoñecemento e inscrición no Rexistro de Empresas de Seguridade do Ministerio de Interior (artigo 2 do Regulamento de seguridade privada) para a prestación das actividades que constitúen o obxecto do presente contrato.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do presente anuncio. De coincidir o último día do prazo de presentación en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: por escrito. No lugar que se indica a continuación ou por correo (artigo 80 do RXLCAP).

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Consello de Contas.

2. Domicilio: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses a contar desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

a.1. Sobre A: en acto non público, cualificación documental. O décimo primeiro día natural seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións, ou o primeiro día hábil seguinte de coincidir aquel en sábado ou festivo.

a.2. Sobre B: en acto público, proposicións. Ás 10 horas do sétimo día natural seguinte ao de apertura dos sobres A, ou primeiro día hábil seguinte, de coincidir aquel en sábado ou festivo.

b) Enderezo: rúa de Domingo Fontán, nº 7.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.600 €.

11. Outras Informacións: a composición da mesa de contratación figura detallada na cláusula 7 do prego de particulares dispoñible no perfil do contratante. Salvo substitución dalgún dos seus membros, dáse por realizada a publicación a que se refire o artigo 21.4 do Real decreto 817/2009.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2014

Substitución provisional (artigo 8.3 da Lei 6/1985)
Xesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro maior en funcións