Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 7 de abril de 2014 para notificar o inicio do procedemento de reintegro do proxecto L10-41200-30-0021.

Despois de intentar notificarlle á Asociación Grupo Scout Hércules 283, no enderezo que consta no expediente (Nosa Sra. da Luz, 14-baixo, 15007 A Coruña), a Resolución da Dirección Xeral de Agader do 17 de marzo de 2014, sobre o inicio do procedemento de reintegro do expediente L10-41200-30-0021, e ao ser devolta polo servizo postal de Correos, publícase este anuncio para cumprir o establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

En consecuencia, notifícaselle que, de conformidade coa resolución citada, se inicia o procedemento para que a Asociación Grupo Scout Hércules 283 reintegre a cantidade que percibiu indebidamente para o proxecto L10-41200-30-0021 por importe de 5.600,83 €.

Así mesmo, notifícaselle que a interesada dispón de 15 días hábiles, contados desde o seguinte a aquel en que se publique este anuncio no DOG, para presentar as alegacións ou documentos que considere oportunos, e que a resolución citada está á súa disposición na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural-Agader (A Barcia, 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural