De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución relativa á suspensión condicional que solicitou no seu día.
Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 61 63).
Nº de expediente: PESAN 1 2013/000077-1.
Beneficiario: Andrés Rama Paz.
NIF: 52931781H.
Enderezo: avenida da Coruña, ptal. 2, baixo D, 15960 Ribeira (A Coruña).
Trámite: resolución de denegación da suspensión condicional.
Prazo para presentar alegacións: 1 mes.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar