Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2014 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario de varios portos.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 30 de marzo de 2012, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Resolución: 23 de xaneiro de 2014.

Referencia: 12-27-13-C-1.

Obxecto: concesión para construción e explotación de bar restaurante de ocupación de dominio público portuario.

Porto: O Barqueiro.

Concesionario: Luís Miguel Gómez Rodríguez.

Prazo: 20 anos.

Taxas: 1.189,78 €/ano en concepto de TODP e o 2 % de facturación anual en concepto de ACIS.

Resolución: 26 de marzo 2014.

Referencia: 12-50-12-C-1.

Obxecto: concesión de ocupación de dominio público portuario para explotación dunha zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións.

Porto: A Pobra do Caramiñal.

Concesionaria: Outros Adaxes, S.L.

Prazo: 20 anos.

Taxas: 18.313,85 €/ano en concepto de TODP e o 2 % da facturación anual en concepto de ACIS.

Resolución: 3 de marzo de 2014.

Referencia: 12-31-13-C-1.

Obxecto: concesión de ocupación de dominio público portuario para explotación dunhas instalacións naático-recreativas.

Porto: Muxía.

Concesionaria: Cataventos Escola de Vela, S.L.N.E.

Prazo: 20 anos.

Taxas: 8.573,02 €/ano en concepto de TODP e entre 1 % e 2 % de facturación anual en concepto de ACIS.

Resolución: 14 de abril de 2014.

Referencia: 12-50-12-C-2.

Obxecto: concesión de ocupación de dominio público portuario para explotación dunhas instalacións náutico-recreativas.

Porto: A Pobra do Caramiñal.

Concesionaria: Muport, S.L.

Prazo: 20 anos.

Taxas: 27.556,38 €/ano en concepto de TODP e entre 1,5 % e 6 % de facturación anual en concepto de ACIS.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia