Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS, CT rúa Amor Ruibal.
Situación: concello de Santiago de Compostela.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 64 m, con orixe en arqueta existente na LMT SNT-804 Hipercor 4, en condutor RHZ1-20 L-12/20 kV-3(1×240) Al, e final no centro de transformación proxectado Amor Ruibal.
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400/230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 8 de abril de 2014
Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial
