Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 7 de maio de 2014 Páx. 20858

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO da ampliación do prazo de información pública do Plan especial de protección do núcleo histórico da vila de Monterroso.

Aprobado inicialmente o Plan especial de protección do núcleo histórico da vila de Monterroso, por Acordo do Pleno do Concello, en sesión extraordinaria realizada o día 6 de marzo de 2014, de conformidade co artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, someteuse a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia núm. 67, do 7 de abril de 2014.

Por Resolución da Alcaldía do 2 de maio de 2014, resolveuse ampliar o prazo de exposición ao público ata o máximo legal, un mes máis, e manter o resto do acordo inicialmente adoptado, prazo que rematará o 7 de xuño de 2014.

O que se publica para xeral coñecemento.

Monterroso, 2 de maio de 2014

Antonio Edelmiro Gato Soengas
Alcalde