Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 8 de abril de 2014, da Área Provincial da Coruña, de citación por comparecencia en que se emprazan os interesados en varios expedientes de resolucións de rehabilitación urbana para seren notificados.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen ter efectuada a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 8 de abril de 2014

P.V. (Resolución S.X.T. do 31.8.2011)
Valeriano Rosales Escuredo
Xefe do Servizo Técnico

ANEXO

Expedientes con resolución de denegación de cualificación definitiva:

Ramón Brea Saavedra.

Lepanto, nº 1, esc. A, 2º B (Ferrol).

Exp. C09-RH-100/09.

Felisa Iglesias Agra

Avda. de Arteixo, nº 95, 5º esqu. (A Coruña).

Exp. C09-RH-0227/12.

Expedientes con resolución de arquivamento:

Roberto Rey Dios.

García Prieto, nº 27, 4º B (Santiago de Compostela).

C09-RH-0534/10.

José Recarey Antonio.

Río Eume, nº 6, 3º (Carballo).

C09-RH-0452/10.