Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES 2013/083 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, e de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do plazo fixado.

Lugo, 27 de marzo de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/083.

Denunciados: Plesca Raul Stefan e Constantin Fargas Dimitru. Responsabilidade solidaria.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/145.

Denunciado: Corneliu Hortea.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/242.

Denunciados: Constantin Ciprian Musat e Constantin Adrian Cirlan. Responsabilidade solidaria.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/034.

Denunciados: Iliuta Nicolai Marcu e Maria Ecaterina Marcu.

Acto notificado: iniciación do procedemento sancionador.