Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2014/10-2, 8147 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: substitución de apoio na LMT A Fonsagrada 1-S.E. Meira OCR Ouviaña.

Situación: concello da Fonsagrada.

Características técnicas:

Substitución do apoio nº 91 (estragado polo vento), da LMT A Fonsagrada 1-S.E. Meira OCR Ouviaña por un tipo Condor 5000/18; reténsase o van entre os apoios 90 e 91 e substitúese o condutor entre os apoios 91 e 92 por outro das mesmas características ca o existente LA-110.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de abril de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas