Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de limpeza da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense. Contratación documentalmente simplificada (AB-CON1-14-010).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-14-010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Oferta económica

100

4. Valor estimado del contrato: 164.484 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 109.656 euros. Importe total: 132.683,76 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo U, subgrupo 1 e categoría a, b, c e d.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 7.5.2 d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta de/dos adxudicatarios.

11. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014

P.D. (Decreto 41/2013 e Orde do 3.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos