Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario, procedemento aberto multicriterio e contratación documentalmente simplificada, da obra de construción dun centro de saúde en Santa María de Oia (Pontevedra), cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76 (AB-SER3-14-006).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obra: construción dun centro de saúde en Santa María de Oia (Pontevedra), cofinanciada ao 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76.

3. Nº de expediente: AB-SER3-14-006.

4. CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

5. Orzamento total sen IVE: 923.275,32 €.

6. Orzamento total con IVE: 1.117.163,14 €.

7. Prazo de execución: doce (12) meses.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse as cláusulas 13.II.a) e 13.II.b) da folla de especificacións do prego.

c) Compromiso de medios persoais: véxase a cláusula 13.III da folla de especificacións do prego.

9. Garantía provisional: non se exixe.

10. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.

11. Forma de tramitación: ordinaria.

12. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito a regulación harmonizada).

13. Exposición de proxectos e pregos: poderanse obter os pregos de cláusulas administrativas particulares e o proxecto desta contratación no perfil do contratante:

http://www.sergas.es/

14. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

15. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen esta licitación. Contratación documentalmente simplificada.

16. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 10 da folla de especificacións e nos puntos 3.5 e 3.6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta licitación.

17. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante:

http://www.sergas.es/

18. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos