O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 28 de abril de 2014, aprobou inicialmente a modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal de Outeiro de Rei, delimitación do núcleo rural de Alvite.
En cumprimento do disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na Secretaría municipal, en horario de oficina, e na páxina web do concello www.outeiroderei.org, e se poderán formular as alegacións e observacións que se consideren pertinentes.
Outeiro de Rei, 30 de abril de 2014
José Pardo Lombao
Alcalde