Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21117

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2014, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se adxudican as bolsas para a formación de persoal en temas de investigación mariña convocadas pola Orde do 25 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 234, do 9 de decembro).

A Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 25 de novembro de 2013 (DOG núm. 234, do 9 de decembro), modificada no relativo ás anualidades pola Orde do 15 de abril de 2014 (DOG núm. 80, do 28 de abril), aprobaba as bases e procedía á convocatoria de bolsas para a formación de persoal en temas de investigación mariña.

Concluído o prazo de presentación de solicitudes e realizados os trámites previstos na referida orde, a comisión de avaliación, constituída ao abeiro do artigo 6 da convocatoria, avaliou os méritos dos solicitantes admitidos de acordo cos criterios fixados na convocatoria e fixo chegar á directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a súa proposta de adxudicación das bolsas, segundo as especialidades aos solicitantes que acadaron unha maior puntuación, así como unha listaxe de suplentes cos restantes candidatos admitidos, de acordo co establecido nas bases da convocatoria.

O secretario xeral do Mar é competente para resolver o expediente, segundo o disposto na Orde do 30 de marzo de 2012, de delegación de competencias, no secretario xeral técnico, secretarios xerais e xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar en relación co procedemento de concesión de bolsas establecido no artigo 7 da convocatoria.

De acordo con todo o indicado, con base na proposta elevada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta presentada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en todo o seu contido e conceder as nove bolsas para formación de persoal en temas de investigación mariña, segundo as especialidades, aos candidatos que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Establecer a listaxe de suplentes segundo as especialidades, por orde decrecente de puntuación, que se indica no anexo desta resolución, que poderá ser operativa no caso de que o bolseiro/a seleccionado/a non se incorpore na data establecida, cando manifeste expresamente a súa non aceptación á bolsa ou renuncie a esta unha vez aceptada, así como cando se proceda á súa revogación.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

Anexo
Listaxes de adxudicatarios e suplentes

1. Especialidade: Produción Acuícola.

Adxudicatarios:

Apelidos

Nome

DNI

Punt. total

Acuña

López

Iria

 77416893C

5,400

Gómez

Suárez

Silvia

 76622743Z

4,833

Pernas

Fernández

Nuria

 33545998S

4,741

Méndez

Montenegro

José Carlos

 35464798V

4,642

Suplentes:

Apelidos

Nome

DNI

Punt. total

Cascallar

Abalo

Marta

 35479027D

4,361

Noguerol

Torres

Roi

 46910499K

4,308

González

Vicente

Ruth

 36146226R

4,152

Guiance

Pérez

Martiña

 77402514Q

4,150

Potel

Conde

Iván

 35487597T

3,907

González

Freire

Pedro

 36097351R

3,730

Romero

Pérez

Fernando

45860219J 

3,633

Arangude

Vila

Rubén

 35486440Q

3,459

Salgado

Rajó

Luis

 44489232X

3,040

Rey

García

Diana

 35486968S

2,895

Rivadeneira

Torres

Juan Gregorio

 51102007D

2,756

Asorey

Juanes

Alexandre

 39458222C

2,746

Calaza

Mosquera

Silvia Violeta

 44840660K

2,526

Rey

Troitiño

Catuxa

 45956929P

2,054

Pérez-Zubizarreta

López

Serena Victoria

 09210790A

1,858

2. Especialidade: Análise e Control.

Adxudicatarios:

Apelidos

Nome

DNI

Punt. total

Alonso

Costas

Juana Beatriz

 36147451F

5,350

Suárez

Costa

Iria

 47376088K

5,165

Balier

Griñón

Leire

 30654687B

5,146

Suplentes:

Apelidos

Nome

DNI

Punt. total

Fernández

Bastero

Susana

 36117850F

4,677

Campañó

Piñeiro

María Sol

 53116481M

3,854

Martínez

González

Hipólito

 35487028Y

3,522

Figueira

Garrido

Raquel

 53480066Y

3,440

González

Caramés

Olaya

 44092754Y

3,400

Vázquez

Alonso

Aldara

 76723997E

3,365

Pancorbo

González

Erika

 73000346W

3,272

Vidal

Laíño

Esclavitud

 76970609M

3,090

Mera

Manovel

Víctor

 47380455H

1,583

Soliño

Martínez

Jorge

 53118176K

1,266

3. Especialidade: Anatomía Patolóxica e Citoloxía.

Adxudicatarios:

Apelidos

Nome

DNI

Punt. total

Pontevedra

Burgos

Raquel

 35480153P

3,572

Riomayor

Cernadas

Alicia

 36177590Q

2,750

Suplentes:

Apelidos

Nome

DNI

Punt. total

Ulla

Refojo

Laura

 35485761G

2,511

Pereira

Ares

Tamara

 34628867K

1,400