Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 24 de abril de 2014 pola que se notifica o trámite de audiencia previo ao inicio da revogación correspondente ao expediente 07SEC002E.

Intentada a notificación do citado trámite, de conformidade co disposto no artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, de 27 de novembro de 1992), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o contido do trámite de audiencia que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Segundo establece o o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para faceren alegacións e presentaren os documentos e xustificantes que xulguen pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na Rúa dos Feáns, nº 7 baixo, 15706 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Núm. expediente: 07SEC002E.

Título: elaboración dun sistema galego de indicadores de vulnerabilidade social e de detección temperá da exclusión social e necesidades sociais emerxentes no colectivo de drogodependentes.

Nome ou razón social: Estinga Servicios Sociales, S.L.

CIF/NIF: B15649262.

Tipo de axuda: axudas para proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación correspondentes ao exercicio 2007 segundo a Orde do 26 de abril de 2007 (DOG do 15 de maio).

Contido do acto: trámite de audiencia. Auditoría.