Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 9 de maio de 2014 Páx. 21108

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consello Xeral do Poder Xudicial

REAL DECRETO 264/2014, do 4 de abril, polo que se nomea presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a Miguel Ángel Cadenas Sobreira.

Por proposta do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, adoptada na súa reunión do 27 de marzo de 2014, de conformidade co disposto nos artigos 599.1.4ª e 336 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial,

Nomeo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a Miguel Ángel Cadenas Sobreira, en provisión da vacante producida por expiración do prazo legal polo que fora nomeado con anterioridade para o mesmo cargo.

Dado en Madrid o 4 de abril de 2014

Juan Carlos R.

Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez
Ministro de Xustiza