Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21243

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Fundación Pública CESGA), subscrita no exercicio 2014.

1. Encomenda de xestión para a prestación de servizos de cálculo intensivo e de comunicacións destinados a manter un servizo de predición operativo.

– Actividade: servizos de cálculo intensivo e de comunicacións para que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de la Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación, poida manter un servizo de predición operativo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a Fundación Pública CESGA a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia, de conformidade co Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos del sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 23 de abril de 2014 e rematará o 31 de decembro de 2014.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda finánciase con fondos propios.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014

P.D. (Orde do 15.3.2012)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas