Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Teixeira (expediente IN407A 2014/5-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: ampliación CT Xirás.

Situación: A Teixeira.

Descricións técnicas:

Ampliación CT Xirás de 25 a 50 kVA, alimentado pola LMT existente entre a LMT ao CT Boazo (32CE53) e a LMT ao CT (32AE51) Santa Tegra.

Orzamento: 4.850,14 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 15 de abril de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense