Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificado da acta da asemblea xeral ordinaria, onde se reflicte o acordo acadado o 23 de xaneiro de 2014, e que consiste no cambio do domicilio social que pasa a ser na rúa Londres, 1, baixo, 15707 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social