Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, da contratación do servizo de limpeza no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD).

c) Lugar de execución: dependencias do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, na rúa Padre Fernando Olmedo, nº 1, 36002 Pontevedra.

d) Prazo de execución: 24 meses contados a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato.

e) Admisión de prórrogas: non.

f) CPV: 90910000-9 (servizos de limpeza).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: 203.400 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 203.400 €, IVE 21 %: 42.714 €. Importe total: 246.114 €, conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2014: 51.273,75 €, IVE incluído.

Ano 2015: 123.057 €, IVE incluído.

Ano 2016: 71.783,25 €, IVE incluído.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación, impostos excluídos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 26 25 e 981 54 26 06. Fax: 981 54 26 39.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20369

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela), fax: 981 54 26 39. Tamén se poderá presentar por correo certificado ou, exclusivamente no caso de que o último día hábil para a presentación de solicitudes coincida en sábado, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n. Nestes dous últimos supostos, conforme as especificacións establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: Estadio Multiusos San Lázaro, s/n, porta 4.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Outras informacións:

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará na plataforma de contratación o resultado de apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

12. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario, así como, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte