Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 21945

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 30 de abril de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais, así como o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos/as ambientais.

Unha vez convocado o proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais, pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo) e o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos/as ambientais, pola Orde da Consellería de Facenda do 11 de outubro de 2013 (DOG núm. 199, do 17 de outubro), e de conformidade co establecido nas bases das convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para a integración na escala de axentes facultativos/as ambientais da Xunta de Galicia, subgrupo C1, dos funcionarios/as do corpo de auxiliares técnicos/as da Xunta de Galicia, subgrupo C2, escala de axentes forestais, así como o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos/as ambientais, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO
Corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1,
escala de axentes facultativos/as ambientais

– Tribunal titular:

Presidencia:

Alfonso Barreiro Filgueira, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as técnicos forestais.

Secretaría:

Francisco Rodríguez Vila, persoal funcionario do corpo administrativo da Xunta de Galicia.

Vogais:

María Lina Moure Acuña, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de montes.

Juan José Gómez Fernández, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios/as.

María Luz Macho Eiras, persoal funcionario do corpo superior facultativo da Comunidade Autónoma de Euskadi, escala de laboratorio.

– Tribunal suplente:

Presidencia:

Manuel Francisco Gutiérrez, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as técnicos forestais.

Secretaría:

Jesús Javier Márquez Alonso, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros/as de montes.

Vogais:

Antonio Callejo Rey, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de biólogos/as.

Jesús Bernardo Marquina Olmedo, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Mercedes Barriada Pereira, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de químicos/as.