Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 2014 Páx. 21999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 23 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Cultura, pola cal se informa da resolución de revogación das subvencións concedidas a varios expedientes.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución de revogación das subvencións concedidas mediante Resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 16 de outubro de 2012.

Faise saber que pode alegar o que considere pertinente no prazo non superior a 15 días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, coa advertencia de que, de non facelo así, procederase ao acordo de iniciación do expediente de reintegro das subvencións.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2014

P.S. (Resolución do 21.4.2014)
Mª Carmen Martínez Insua
Directora xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO

Entidade: Editorial Danu.

NIF: B15741895.

Enderezo: rúa Tras do Pilar núm. 6-2, 15701 Santiago de Compostela.

Núm. expedientes: CT221C 2012/ 64, 65, 66, 67, 68, 70, 71, 72, 73 e 74.

Motivo da notificación: resolución de revogación.

Orde de convocatoria da subvención: 24 de abril de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2012.