Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22083

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2014

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenios

Importe (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ex-alcohólicos Luis Miguel Morás da Coruña para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

173.544,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares

35.386,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral, para a organización da prestación farmacéutica na residencia de atención integral APAMP

Sen achega económica

30.12.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais Aspaneps para a realización do programa de atención á saúde mental infantoxuvenil na área de Ferrol.

144.050,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención e rehabilitación de drogodependentes da Comunidade Autónoma de Galicia e do Programa de tratamento e rehabilitación, en réxime de comunidade terapéutica, da dependencia alcohólica

840.572,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

824.451,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga Alborada para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.331.371,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía Asvidal para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

178.962,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

558.898,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para a realización de prácticas ou de traballos fin de máster dos alumnos do máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros

Sen achega económica

7.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga da Coruña (Aclad) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.487.809,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Ex-alcohólicos de Ferrolterra para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

97.434,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

151.553,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de formación, información e apoio aos enfermos mentais e aos seus familiares e do programa Coidamos de ti

84.384,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Itinera, voluntarios en saúde mental para a realización de programas de fomento e formación do voluntariado no campo da enfermidade mental para o favorecemento dunha sociedade inclusiva

15.698,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (FAGAL) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares e coidadores

65.408,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dun programa de captación e atención precoz a familiares/coidadores en primeiros episodios de enfermidade mental grave e persistente, e colaboración na formación contínua dirixida aos profesionais de centros sociosanitarios vinculados á Consellería de Traballo e Benestar

18.744,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia Farga para o desenvolvemento de actividades de formación, información, asesoramento e apoio a pacientes e familiares/coidadores

23.085,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para o desenvolvemento de actividades destinadas a mellorar a situación de saúde e calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas, no ámbito sanitario

28.895,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Escola Galega de Administración Sanitaria para o ano 2014

1.415.140,00 €

7.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización no ámbito sanitario

10.935,00 €

2.1.2014

Convenio marco de colaboración entre la Consellería de Sanidade, a Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) e o Foro Interalimentario para o Fomento dunha Alimentación Saudable na poboación da Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

28.1.2014

1ª addenda ao Convenio do 8 de agosto de 2013, subscrito entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a realización de programas de atención e protección da saúde, pola que se modifica o anexo do citado convenio

Sen achega económica

2.12.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Colexios de Médicos de Galicia, para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo PAIME

40.094,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia

20.000,00 €

7.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a fundación Erguete-integración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos (programa Itínere)

94.770,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico social

43.740,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

24.932,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Atox para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social. programa de atención xurídico social

24.932,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

137.402,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

14.580,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

21.122,00 €

2.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa de atención xurídico social

6.000,00 €

2.1.2014

Acordo de encomenda de xestión do Consello de Goberno da Xunta de Galicia á Consellería de Sanidade para a colaboración nun programa de inspección e control da incapacidade temporal para os anos 2014-2015 e 2016 na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

9.12.2013

Acordo adhesión consorcio Early dialogues between health technology assessors and healthcare product developers during the development phase of medicinal products and medicinal devices. Special conditions of the consortium asinado entre a Consellería de Sanidade de Galicia e a Haute Autorie de Sante de France

Sen achega económica

20.12.2013

Acordo de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cotobade (Pontevedra) no que se establecen as bases para as obras de acondicionamento do local sito na planta baixa do centro multiusos de Carballedo para o centro de saúde de Carballedo (Cotobade)

Sen achega económica

13.2.2014

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Laboratorios Novo Nordisk Pharma, S.A., para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención á cronicidade

Sen achega económica

17.2.2014

Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Sociedade Española de Retina e Vítreo (SERV) e a Fundación Retina Plus+, para o desenvolvemento dun programa de formación de expertos en retina no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Sen achega económica

10.2.2014

Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Autismo Ourense, para a cesión do uso da piscina do servizo de rehabilitación do Hospital de Piñor (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).

Sen achega económica

16.12.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Vila do Conde, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no centro residencia Vila do Conde

Sen achega económica

20.2.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Santa María de Ois, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no centro residencia Santa María de Ois

Sen achega económica

20.2.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), para a cesión do uso da piscina do servizo de rehabilitación do Hospital de Piñor (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras)

Sen achega económica

31.1.2014

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Centro Gabinete Audiolóxico Claroson, S.L. sobre prestación ortoprotéxica na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

27.2.2014

1ª addenda Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro residencia Geriatros Vimianzo

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U. para a organización da prestación farmacéutica na residencia Geriatros Carballo

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro Geriatros Cangas

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro Geriatros Barreiro

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro Geriatros Ribadumia

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro Geriatros Ferrol

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro Geriatros A Coruña

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro Geriatros Narón

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro Geriatros Viveiro

Sen achega económica

2.4.2014

1ª addenda Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro residencia de maiores Geriatros Ourense (Barrocás)

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica na residencia Geriatros Noia

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica na residencia Geriatros Lalín

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica na residencia Geriatros Barbadás

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro Geriatros Bembrive

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Geriatros, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro Geriatros Santiago

Sen achega económica

2.4.2014

Convenio de colaboración entre o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Consellería de Sanidade da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actividades conxuntas en relación cos traballadores afectos de patoloxías derivadas da utilización do amianto

Sen achega económica

14.3.2014

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Centro de Maiores Bardella, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no centro Residencia Monte Tecla

Sen achega económica

20.2.2014

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Roche Farma, S.A., para a promoción da investigación e a formación científica orientada á mellora da atención á cronicidade

Sen achega económica

10.3.2014

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para a realización de prácticas dos alumnos do máster oficial en Desenvolvemento Económico e Innovación

Sen achega económica

26.3.2014

Convenio marco de asistencia sanitaria pública derivada de accidentes de tráfico para os exercicios 2014-2016 entre o Servizo Galego de Saúde, o Consorcio de Compensación de Seguros e a Unión Española de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras (Unespa)

Sen achega económica

15.4.2014

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Fundación Ramón Domínguez e a Universidade de Santiago de Compostela no marco de Campus Vida, Campus Excelencia Internacional

Sen achega económica

25.3.2014

Convenio específico de colaboración entre a Dirección Xeral de Innovación e Saúde Pública da Consellería de Sanidade, a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Facultade de Medicina e Odontoloxía, e a Sociedade Española de Epidemioloxía (SEE) para a realización do II Congreso Iberoamericano de Epidemioloxía e Saúde Pública (XXXIV reunión científica da SEE)

Sen achega económica

10.3.14