Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 6 de maio de 2014, da Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe definitivo de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de control financeiro 2013, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Fernando Ageitos Sanles, en relación coa subvención percibida dentro das medidas de adaptación da frota pesqueira comunitaria, cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio:

1. Que, tentada a notificación do informe definitivo de control financeiro a Fernando Ageitos Sanles, non foi posible practicala.

2. Que, por medio do presente anuncio, se pon de manifesto que Fernando Ageitos Sanles, ou persoas debidamente autorizadas, deberá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte á publicación deste no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas desta Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no Edificio San Caetano, s/n, bloque nº 3, (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma-Consellería de Facenda), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe definitivo de control financeiro efectuado a Fernando Ageitos Sanles.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non comparecen, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo para comparecer.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2014

Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións