Faise pública a decisión do 21 de abril de 2014 de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Mesía para a adaptación á nova Lei de estradas, concello de Mesía, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.
Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1634/2014.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2014
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental