Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22207

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expedientes OA-02-2014, OA-03-2014).

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Contratación.

c) Nº expedientes: OA-02-2014; OA-03-2014.

1.2. Obras incluídas no POS 2014.

2. Obxecto dos contratos:

a) Descripción dos obxectos:

2.a).1. Senda peonil e recollida de pluviais no acceso de Fiobre ao Pedrido.

2.a).2. Reparación e mellora das rúas Parroquia de Moruxo e Parroquia de Rois do polígono industrial de Bergondo.

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses):

2.c).1. Dous.

2.c).2. Un.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamentos de licitación:

4.1. Senda peonil e recollida de pluviais no acceso de Fiobre a O Pedrido: A: valor estimado: 100.578,68 €; B: IVE (21 %): 21.121,52 €; importe total: A+B: 121.700,20 €.

4.2. Reparación e mellora das rúas Parroquia de Moruxo e Parroquia de Rois do polígono industrial de Bergondo: A: valor estimado: 114.574,40 €; B: IVE (21 %): 24.060,62 €; importe total: A+B: 138.635,02 €.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrago 2º do TRLCSP:

A. Senda peonil e recollida de pluviais no acceso de Fiobre ao Pedrido: grupo G, subgrupo 6, categoría c; grupo E, subgrupo 7, categoría c.

B. Reparación e mellora das rúas Parroquia de Moruxo e Parroquia de Rois do polígono industrial de Bergondo: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na claúsula 12 do prego-tipo de claúsulas administrativas particulares que rexerán para a contratación mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo) das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP nº 103, do 1.6.2012), subtituíndo a documentación que hai que presentar no sobre A pola declaración responsable segundo o modelo existente no expediente e publicado no perfil do contratante.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2ª. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3ª. Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte ao que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

10. Outras informacións: obterase no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es

11. Gastos dos anuncios:

Serán por conta do/s adxudicatario/s os gastos sinalados no prego-tipo. O custo do presente anuncio de licitación ratearase a partes iguais (dous) entre os correspondentes adxudicatarios dos distintos contratos.

Bergondo, 9 de maio de 2014

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa