Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social nº 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 943/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Casanova Pazos contra a empresa Construcciones Vixoy, S.L., a que foron chamados o Fondo de Garantía Salaria e a administración concursal de Construcciones Vixoy, S.L. na persoa do seu administrador Carlos Sánchez Rodilla, sobre despedimento, se ditou a sentenza 208/2014 cuxo encabezamento e resolución son como segue:
«Sentenza 208/2014.
A Coruña, 14 de abril de 2014.
Resolución.
1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Antonio Casanova Pazos contra a empresa Construcciones Vixoy, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.
Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.
2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:
– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 52.807,43 euros.
– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 55,66 euros/día.
3º. A empresa deberá aboar ao traballador a suma de 834,90 euros polo período de aviso previo non concedido.
4º. O Fogasa e a administración concursal da empresa deberanse ater ao resolto nesta resolución.
Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.
Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.
Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2098, do 20 de novembro.
Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo».
E para que sirva de notificación á entidade mercantil Construcciones Vixoy, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 22 de abril de 2014
A secretaria xudicial
