Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22421

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2013 que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe €

2013

2014

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o establecemento dun marco de actuación conxunta a favor do desenvolvemento do espírito emprendedor e a creación de empresas no ámbito do sistema educativo de Galicia.

21.10.2013

Sen achega económica

Convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo das pequenas e medianas empresas elaboradoras de viños, financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e instrumentados mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca galegas e as entidades financeiras adheridas.

21.10.2013

150.000

Addenda ao convenio de colaboración, asinado o 27 de outubro de 2010, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para o fomento da internacionalización do tecido produtivo galego mediante a rede de plataformas empresariais no exterior e o servizo de licitacións internacionais.

30.12.2013

250.000

Addenda ao protocolo de colaboración, asinado o 21 de outubro de 2013, entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o establecemento dun marco de actuación conxunta a favor do desenvolvemento do espírito emprendedor e a creación de empresas no ámbito do sistema educativo de Galicia.

31.12.2013

Sen achega económica