Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución e do estudo de impacto ambiental referidos á repotenciación do parque eólico Cabo Vilán, no concello de Camariñas, provincia da Coruña (expediente IN661A-2012/1).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo); na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; no Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establece o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, e no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, que regula a actividade de producción de enerxía eléctrica en réxime especial, sométese a información pública a solicitude presentada por Gas Natural Renovables, S.L. para a instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.

Domicilio: avda. de Arteixo 171 1º esqda. 15007 A Coruña.

Denominación do proxecto: repotenciación do parque eólico Cabo Vilán.

N° de expediente: IN661A 2012/1.

Municipio afectado: Camariñas (A Coruña).

Nº aeroxeradores para eliminar: 22 (20 aeroxeradores de 180 kW correspondentes ao exped. 52.221, 1 aeroxerador de 100 kW e 1 aeroxerador de 300 kW, ambos os dous correspondentes ao exped. 51.739).

Potencia máxima que se vai instalar: 6 MW.

Nº aeroxeradores que se van instalar: 2.

Potencia máxima que se vai evacuar: 5,46 MW.

Orzamento total : 6.087.280,01 €.

Localización (área de afección):

A área afectada pola actuación prevista está definida polos siguintes vértices:

Vértice

Coordenada UTM X

Coordenada UTM Y

V-A

483.070

4.778.335

V-B

483.974

4.777.950

V-C

483.908

4.777.560

V-D

483.064

4.777.890

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(ED50/fuso 29)

X

Y

CV 01

483.262

4.778.168

CV 02

483.726

4.777.880

Características técnicas básicas das instalacións:

• 2 aeroxeradores de 3.000 kW de potencia nominal unitaria con xerador asíncrono, montados sobre fuste tubular metálico cunha altura de 80 m e un diámetro de rotor de 90 m.

• 2 centros de transformación de potencia unitaria 3.140 kVA e con relación de transformación de 1/20 kV, instalados no interior de torre de aeroxerador coa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

• Rede eléctrica soterrada a 20 kV de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de interconexión, cunha lonxitude total de 2,55 km con conductor tipo RHZ1 OL 12/20 kV 3×(1×95) mm2 Al.

• Centro de interconexión, que se aloxará no edificio existente do antigo CT-1, onde se instalaran os aparellos de medida, protección e control, así como un transformador de servizos auxiliares de 4 kVA e relación de transformación 20/0,23 kV.

O obxecto da información pública consiste na solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do estudo de impacto ambiental da repotenciación do parque eólico Cabo Vilán (substitución de 22 aeroxeradores por 2 novos de 3 MW cada un).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª andar, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

Para idénticos efectos e no prazo de 30 días que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución, o proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental correspondente ás instalacións da repotenciación do parque eólico Cabo Vilán poderase examinar nesta xefatura territorial así como no Concello de Camariñas. Ademais, o estudo de impacto ambiental poderá ser consultado na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña.

Unha vez finalizado o prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, achegarase á Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria.

A Coruña, 30 de abril de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial