Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 9 de maio de 2014, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer a realización da poxa pública de bens/dereitos.

De conformidade co acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 29 de abril de 2014, infórmase de que o día 26.6.2014, ás 10.00 horas, no salón de actos da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda da Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición do ben

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramos

13

Vivenda na rúa Sebastián Ocampo, nº 50, do edificio nº 3 do grupo de vivendas denominado San Bartolomé, no concello de Noia (A Coruña). Superficie de 56.55 m2 dos que 26,55 m2 dedícanse a vivenda e o resto, 30 m2, a patio ou curral. Consta dunha vivenda unifamiliar de dous andares. Referencia catastral 8679301NH0387N0001MB. Predio 11045 do Rexistro da Propiedade de Noia.

23.116,86

0,00

23.116,86

100,00

14

Licenza de auto-taxi nº 566 outorgada polo Concello da Coruña para prestar o servizo no termo municipal da Coruña co vehículo Seat Altea XL, matrícula 8104GNN.

111.191,40

0,00

111.191,40

500,00

15

Vehículo BMW 525I A, bastidor WBANE51070B978385, matrícula 5507DTF.

7.416,40

0,00

7.416,00

50,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituirse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, nese caso, a mesa de poxa substituirá aos licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 9 de maio de 2014

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña