Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22684

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (513/2012).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente,

Anuncio que neste procedemento de xuízo verbal número 513/2012, seguido por instancia de ADIF fronte a Bouchaib Fathallah, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Sentenza.

Ourense, 26 de novembro de 2012.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal número 513/2012, seguidos por iniciativa do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), representado pola procuradora Blanca Pedreira Fidalgo e asistido polo letrado Wilson Jones, fronte a Bouchaid Fathallah.

Resolución ditada por proposta da xuíza en prácticas Mónica Ferreiro Quintas.

Seguen antecedentes de feito...

Seguen fundamentos xurídicos...

Vistos os artigos citados e demais de pertinente aplicación.

Decido.

Admítese parcialmente a demanda interposta polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) contra Bouchaid Fathallah, e condénase o demandado a aboarlle a cantidade de 1.914,70 euros máis o xuro legal contados desde o 28 de febreiro de 2012.

Sen expreso pronunciamento en custas.

Esta sentenza, de acordo co disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil, é firme e contra esta non cabe interpor recurso.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así, por esta a miña sentenza, a pronuncio, mando e asino».

E encontrándose o dito demandado, Bouchaib Fathallah, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 13 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial