Por Resolución da Alcaldía, do 27 de marzo de 2014, aprobouse inicialmente o Plan de sectorización do sector I do SUND 12 área mixta terciario/industrial de Portoameneiro, promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado por Idom, S.A.
De conformidade cos artigos 77 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e 121 do Regulamento de planeamento, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.
A duración da suspensión é de dous anos e, extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva do plan de sectorización.
A área afectada pola suspensión é o sector I do SUND 12 área mixta terciario (industrial de Portoameneiro), cunha superficie de 115.309,0 m2.
Conforme o artigo 86 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en El Correo Gallego, en La Voz de Galicia, no taboleiro de edictos e na páxina web do concello. Durante ese prazo, que se computará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os propietarios e demais interesados poderán formular as alegacións que teñan por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses.
O expediente completo está á disposición dos interesados na Secretaría do concello, en horario de oficina.
Teo, 15 de abril de 2014
Martiño Noriega Sánchez
Alcalde