Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres de Galicia (Proagrosilga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificado da acta da asemblea extraordinaria, onde se reflicte o acordo acadado o 21 de xuño de 2013 e que consiste no cambio do domicilio social, que pasa a ser en rúa da Muíña, nº 58, baixo, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social